Seleccionar página

Sobre nós

Creado con amor, aberto a todas

Arte, creación e moito cariño

Somos un estudio pequeno, con grupos reducidos e moita atención personalizada, porque cremos que así é como mellor se aprende. Un espazo tranquilo en Bueu onde o máis importante é disfrutar do proceso.

A nosa historia

Estudio Tres naceu en 2025 cun obxectivo sinxelo: crear un lugar onde calquera persoa poida aprender a debuxar e pintar sen presión, rodeada de boa xente e bo ambiente.

O nome ven de Tres, un gato que nos acompañou durante catro anos. Cando decidimos retratalo, foi como telo outra vez chamándonos desde a porta. Desde entón, o estudio é iso: un lugar para retratar e preservar todo o que nos importa e nos fai felices.

O que facemos

Impartimos clases regulares de debuxo e pintura para nenos, adolescentes e adultos de todos os niveis, desde quen nunca colleu un lápiz ata quen quere mellorar a súa técnica.

Ademais, organizamos talleres puntuais con artistas convidadas onde explorar disciplinas como o bordado, a cerámica, a xoiaría ou a pintura abstracta. Cada taller é unha experiencia nova.

Dirección

Pazos Fontenla, 37
Bueu, Pontevedra

Horario

Luns a Mércores: 9:30–13:00 e 16:00–20:00
Xoves: 16:00–20:00

Contacta

estudiotres@placeholder.com
611 749 085