Seleccionar página

Clases e Talleres

Un espazo para aprender, experimentar e disfrutar da arte en todos os niveis

Clases e talleres en Estudio Tres

En Estudio Tres traballamos en grupos reducidos para poder dedicarlle a cada alumna a atención que merece. Tanto se estás empezando desde cero como se queres mellorar a túa técnica, aquí tes o teu sitio.

As clases regulares teñen lugar de luns a xoves en horario de mañá e tarde. Os talleres puntuais celébrase os sábados con artistas convidadas de distintas disciplinas.

Clases regulares

Debuxo e pintura para adultos

Clases semanais para todos os niveis. Traballamos técnica, observación e expresión persoal nun ambiente relaxado e sen presión.

Clases para nenos e adolescentes

Un espazo seguro e divertido onde os máis novos descobren a arte ao seu ritmo, desenvolvendo creatividade e concentración.

Talleres puntuais

Cada taller é unha experiencia nova. Distintas disciplinas, distintas artistas, sempre en grupos moi reducidos.

Bordado sobre fotografía

Un dos talleres máis queridos do estudio. Aprende a intervir fotografías con fío e agulla nunha sesión de tarde.

Cerámica

Modela a túa propia cunca ou taciña con arxila. Sen experiencia previa necesaria, só ganas de mancharse as mans.

Retrato de mascota

Aprende a retratar ao teu animal favorito con lapis e papel. Un taller moi especial para quen quere preservar os seus.

Os talleres puntuais anúncianse a través de Instagram. Síguenos en @estudio_tres_ para non perderte ningún.

Dirección

Pazos Fontenla, 37
Bueu, Pontevedra

Horario

Luns a Mércores: 9:30–13:00 e 16:00–20:00
Xoves: 16:00–20:00

Contacta

estudiotres@placeholder.com
611 749 085